Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Arteixo
Parroquia: Santiago de Arteixo
Lugar: Monte do Castro
Outra denominación do ben: Castro de Laxobre
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

O castro de Arteixo tamén coñecido como o castro de Laxobre, sitúase nun lugar estratéxico do cume do Monte do Castro a uns 100 metros sobre o nivel do mar. De forma circular tendente a ovalado, ten unha superficie aproximada duns 7.000 metros cadrados de superficie cunhas medidas de noroeste a surleste duns 83 metros de diámetro por uns 90 metros aproximadamente de Norleste a Suroeste. O castro está, a simple vista, bastante deteriorado cunha multitude de árbores como o eucalipto que non lle fan nada ben a este tipo de xacementos. Non se observa ningún tipo de parapeto defensivo aínda que se intúe, pola parte Norte, Oeste e Sur, posiblemente a caída natural do terreo fose a súa defensa. Semella que a súa entrada fose polo Leste aínda que cabe a posibilidade que tamén puidera ser pola parte Sur ou Surleste.
Na visita o castro o día 23 de nadal de 2012, atopeime fortuitamente, unha meta dun muíño castrexo moi ben conservada, e esta foi depositada no Museo Arqueolóxico da Coruña de San Antón para que se poida desfrutar dela quen a queira ver.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.3143122591
Lonxitude: -8.49144458771
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84