
Outra fotografía:

Tipo de ben: Castelo,
Concello: Cospeito / Terra Cha (comarca)
Parroquia: San Martiño de Pino
Lugar: A Rabadá
Outra denominación do ben: Castelo de Constanza de Castro
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
A torre de Caldaloba é o último resto em pe do que noutrora foi unha fortaleza, destruída tras as revoltas irmandiñas.
Pertenceu o Mariscal Pardo de Cela, tras a sua decapitazón, herdarona Dona Constança de Castro e Fernan Ares de Saavedra filla e xenro do Mariscal.
Foi o derradeiro reducto da nobreza galega a política colonial e centralista de Castela na época dos Reis Católicos.
Posue unha pranta cuadrangular de 10,2 metros de lado, mais de 30 metros de altura e uns muros de 2,65 metros de espesor.
Os catro andares dos que dispoñía foron erguidos en manpostería de xisto e granito, rematada por unha bóveda de canón percorrida por arcos fachóns como salienta Angel del Castillo.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Posee un sistema defensivo de foxos e contra foxos chegando a acadar no seu punto mais alto mais de 10 metros de diferencia.
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.218840298133415Lonxitude: -7.636372447013855
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
Se estiveches nel, valora o estado deste Ben Cultural (é importante):






12 comentarios
adela suma says:
Ago 1, 2011
Este elemento aparece nas N.S.P. de Cospeito (1997), denominado no catálogo coma “Castillo de Caldaloba”:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/COSPEITO/documents/0578CA001.pdf
pax. 13
Ulmo de Arxila says:
Ago 6, 2011
Num dos números da revista “Terra Chá” (acho que no primeiro ou no segundo), noutrora órgao das Brigadas em Defesa do Património Chairego, inclui-se um relato que é reelaboraçom de umha lenda tradicional que fala dos amores entre um camponês e a filha do senhor do castelo, a qual acaba sendo convertida em loba branca que ainda às vezes se aparece no lugar.
No blogue Capítulo Cero, Manuel Gago vincula esta construçom com o tipo construtivo das “motas” presentes noutros pontos da geografia galega.
Quanto à localizaçom do monumento, creio que o lugar nom é A Rabadá, senom Mato, na parróquia de Sam Martinho do Pino (Cospeito).
elixiovieites says:
Dec 10, 2016
A torre de Caldaloba corre risco de derruba
http://elprogreso.galiciae.com/noticia/633731/la-torre-de-caldaloba-en-cospeito-corre-el-riesgo-de-un-derrumbe
Oscar Franco says:
Dec 29, 2016
Varios enlaces web con diferente información sobre este fermoso ben:
http://www.lavozdegalicia.es/escapadas/2010/09/03/00031283499839026918698.htm
http://www.galiciamaxica.eu/galicia/lugo/comarca-da-terra-cha/cospeito/torre-de-caldaloba/
Oscar Franco says:
Abr 25, 2017
http://historiadegalicia.gal/2017/04/os-vecinos-de-cospeito-unense-para-salvar-o-ultimo-castelo-de-pardo-de-cela/
Xabier Moure says:
Set 1, 2017
Novas sobre a Torre de Caldaloba
http://elprogreso.galiciae.com/gl/noticia/749261/el-concello-cospeites-insta-los-duenos-de-caldaloba-limpiar-el-acceso-la-torre
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/cospeito/2017/09/01/habra-salvacion-torre-caldaloba/0003_201709L1C8991.htm
Iolanda Teixeiro says:
Set 1, 2017
Magoa ver este símbolo da derradeira resistencia galega como naçõm independente nese estado ruinoso. O único que fixerom as autoridades responsabeis da sua conservação foi chantarlhe um cartaz informativo perto de alí. Co presuposto da Cidade da “Cultura” já estaría hoje restaurado, este e o resyo do nosk Patrimonio deleixado.
Oscar Franco says:
Mai 21, 2018
O mal estado da torre segue sendo noticia na prensa do mes de maio de 2018:
http://lugoxornal.gal/terra-cha/cospeito/434-sen-auxilio-para-a-derradeira-fortaleza-da-nobreza-galega/
http://historiadegalicia.gal/2018/05/a-torre-de-caldaloba-en-cospeito-cada-dia-mais-preto-de-caer/
Oscar Franco says:
Dec 13, 2019
O colectivo Patrimonio dos Ancares volve denunciar o mal estado deste ben. Así o recolle a prensa dixital do 13 de decembro de 2019:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/cospeito/2019/12/12/torre-caldaloba-cae-cachos/00031576145993016985700.htm
https://listarojapatrimonio.org/ficha/torre-de-caldaloba/
Oscar Franco says:
Mar 31, 2021
A Xunta de Galicia anuncia o seu compromiso na posta en valor deste ben. Así o recolle a prensa dixital do 28 de marzo de 2021:
https://www.elprogreso.es/articulo/a-chaira/gobierno-gallego-compromete-poner-valor-torre-caldaloba/202103281234021494060.html
Oscar Franco says:
Xuñ 17, 2022
A torre de Caldaloba pasan a ser propiedade do concello de Cospeito. Así o recolle a prensa dixital do 14 de xuño de 2022:
https://historiadegalicia.gal/2022/06/por-fin-a-torre-onde-resistiu-a-filla-de-pardo-de-cela-sera-publica-tras-o-seu-estado-lamentable/
https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/69586/xunta-ayuntamiento-cospeito-firman-acuerdo-para-que-torre-caldaloba-sea-titularidad?langId=es_ES
Oscar Franco says:
Nov 4, 2022
A prensa dixital de inicios do mes de novembro de 2022 recolle a nova da compra deste ben por parte da Xunta de Galicia:
https://www.elprogreso.es/articulo/a-chaira/xunta-adquirira-torre-caldaloba-que-pase-manos-concello/202211032026541613567.html
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/2022/11/03/xunta-compra-torre-caldaloba-cospeito/00031667491197346208755.htm