Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Baixo Miño (comarca) / Tomiño
Parroquia: Tomiño (Santa María)
Lugar:
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Altomedieval,
Descrición:

Esta igrexa parroquial de estilo románico formou parte, na súa orixe, dun mosteiro beneditino feminino do século XII. Aínda conserva moitos elementos arquitectónicos desta época. No transcurso do século XIV desaparecerá o mosteiro e quedará unicamente a súa igrexa dedicada á parroquia. Posteriormente, no ano 1809 levarase a cabo unha profunda reforma, na que perde gran parte do seu estilo orixinal, que a dotará do aspecto que ten actualmente, engadindo o campanario cadrado e a sancristía.
Da primeira época románica conserva a súa planta dunha única nave e ábsida rectangular, con muros de sillares de granito, e abundante decoración de todos os seus espazos.
O elemento de maior calidade artística será a portada principal abocinada, con catro pares de columnas baixo arquivoltas baquetonadas máis chambrana, cunha historiada decoración de rosetas tetrapétalas inscritas en círculos e outros motivos vexetais. O tímpano é semicircular e non presenta ningunha ornamentación. A estructura columnaria de apoio sostense sobre altos podios e consiste en catro pares de columnas esbeltas con capiteis de follas vexetais terminadas en volutas.
Destacan tamén de xeito especial os canzorros historiados do muro norte e da fachada sur, que recrean diversas formas animais, follas en espiral e seres mitolóxicos, así como os situados baixo a cornixa da ábsida.
No muro norte está adosada a sancristía do século XIX.
O interior da nave cúbrese cunha falsa bóveda de madeira e a ábsida cunha bóveda de cannón de mampostería. O arco triunfal de medio punto e o arco faxón que ciñe a bóveda presentan capiteis historiados, vexetais e animais que se relacionan na temática cos do transepto e triforio da Catedral de Tui.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/TOMINO/documents/0972CA001.pdf (Páxina 7)
http://www.arteguias.com/pontevedra/tomino.htm
http://www.galiciamaxica.eu/Sitios/PONTEVEDRA/tomino/iglesiastamaria.html

BIBLIOGRAFÍA
MOURE PENA, Teresa Claudina. Los monasterios benedictinos femeninos en Galicia en la Baja Edad Media: arquitectura y escultura monumental. UNED. Facultad de Geografía e Historia. Departamento de Historia del Arte. Tese doutoral 2015.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 41.9866439375
Lonxitude: -8.75049769878
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84