Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Vilaboa
Parroquia: Santa Comba de Bértola (Santa Comba)
Lugar:
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A Igrexa de Santa Comba de Bértola é de estilo renacentista do século XVI (concretamente de 1525), agás a fachada que é do século XVIII, A planta é de cruz latina. Os dous tramos anteriores ao presbiterio están cubertos con bóveda de crucería con clave colgante, e o presbiterio está cuberto por perpiaños formando bóveda de canón. A ábsida está cuberta con bóveda de canón polo interior, máis baixa cá da nave. Ao norte está adosada a sancristía.

Na pequena sacristía, cuberta cunha bóveda de canon destaca unha inscrición tallada na pedra, xusto enriba da porta de entrada, que seguramente nos remita ás orixes do templo, xa que comeza dicindo: “Esta obra sihi si” e tamén aparece o nome “Narciso”.
Na fachada principal atópase o portón de acceso, destacando unhas puntas de frecha angulares nas esquinas. Sobre a porta hai unha fornela coa imaxe de santa Comba e unha xanela rectangular. Na espadana hai tres ocos con arcos de medio punto, dous con dúas campás de distinto tamaño.
Por riba da porta lateral dereita da igrexa pódese ver unha cruz baixa que amosa a figura dun santo pola cara dianteira.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/VILABOA/documents/1000CA001.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.38435911318204
Lonxitude: -8.626382499933243
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84