Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Outes
Parroquia: Valadares (San Miguel)
Lugar: Valadares
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Sabemos polo cardeal Jerónimo del Hoyo que a igrexa xa existía en 1607, tiña 35 fregueses e outros 30 compartidos con S. Pedro de Outes. En 1762 fíxose unha reparación que levou a cabo o mestre Varela. No 1801 engadíuselle a torre do campanario e en época máis recente cambiose a antiga cuberta de madeira da nave principal. Ten planta de cruz latina e todos os espazos son rectangulares, incluíndo a sancristía acaroada polo norte e o pequeno almacén do lado sur. As paredes meridionais están recebadas, agás a da torre e a da ábsida, que son de sillería, así coma as esquinas. O resto das paredes son de mampostería, menos os esquinais, marcos das portas e ventás, e a sancristía. Ten poucas ventás unha na fachada e dúas máis pequenas nos muros occidentais do cruceiro, outras dúas semellantes no corpo principal e outras dúas polo levante, unha na sancristía e a outra no espazo acaroado.
A fachada é case lisa destacando o arco da porta principal percorrido por estreitas molduras coa clave decorada cunha flor e unha figura de San Miguel sobre unha peaña, enmarcado por molduras que forman un arco irregular enriba, un entaboamento sepárao da ventá en cuxos vidros está perfilado a figura do arcanxo. A torre cadrada leva unhas pequenas ventás para iluminar as escaleiras e un reloxo de sol no mediodía. Varias franxas horizontais e superpostas separan o primeiro corpo do segundo, no que vai a campá, formando catro columnas cadradas que sosteñen catro arcos de medio punto sobre o que apoia o entaboamento do que arranca a cupuliña de base cadrada cun pequeno pináculo en cada esquina e outro no cume cunha cruz de metal.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Mariño Reino, Xoán. Patrimonio-Histórico Artístico de Outes, Volume II Tórculo Edicións Santiago 1998. Concello de Outes, ISBN: 84-8408-085-4 (pax 38, 39 e 40 )

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OUTES/documents/27506CA015.pdf (pax 4 de 4)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8741478622
Lonxitude: -8.96225810051
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84