Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Ourense
Parroquia: Ourense
Lugar: Rúa do Bispo Carrascosa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Cruceiro de tipo De Crucifixo con plataforma cuadrangular de dous chanzos e pedestal cúbico cos paramentos recadrados. O varal é cadrado e achafranado tendo a figura do bispo Carrascosa no medio do varal pola parte do reverso. O capitel é cuadrangular con astrágalo circular e o ábaco cos vértices achafranados. Todos os lados do capitel están ornamentados con figuras humáns. A súa cruz é rectangular cos brazos en chafrán. Polo anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con catro cravos e as mans pechadas. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas e unha cartela coas siglas INRI. O pano de pureza vai anoado á dereita. Polo reverso da cruz fica a Piedade co cristo morto nos seus brazos e debaixo deles a face dun anxo. O cruceiro é todo de granito cun bo estado de conservación.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.33509992231849
Lonxitude: -7.8636641800403595
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84