Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: O Porriño
Parroquia: Pontellas (Santiago)
Lugar: San Campio
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida, Século XIX,
Descrición:

Este cruceiro érguese sobre un chanzos e unha pequena base cadrada coas arestas rebaixadas. O varal posúe o comezo cadrado para pasar a ser circular na súa meirande parte. Destaca unha pequena cartela ovalada no medio coa seguinte inscrición:
“POR OFRENCA D. MAN(uel). RORIS N(atural). DE MOSENDE. 1897”

O capitel contén decoración de volutas, querubíns e motivos vexetais. Sobre o devandito capitel está a cruz circular nos seus brazos, onde se representa a figura de Cristo crucificado no anverso mentres que no reverso está a Virxe.

O cruceiro está situado nunha zona verde xunto á Capela de San Campio.

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/OPORRINO/documents/0898CA007.pdf (Ficha 41 – Páxina 11)
https://cruceirosdegalicia.xyz/360390501.html

BIBLIOGRAFÍA
PÉREZ REGO, David e ALONSO CARRERA, Paula. (2006). CATÁLOGO DE CRUCEIROS, CRUCES E PETOS DE ÁNIMAS DO PORRIÑO. XUNTA DE GALICIA (Consellería de Cultura e Deporte, Dirección Xeral de Patrimonio Cultural).

ENLACES DE REFERENCIAS LEGAIS
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.1327812595
Lonxitude: -8.6405801028
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84