Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Allaríz
Parroquia: San Trocado (San Trocado)
Lugar: San Trocado
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Templo parroquial de planta en forma de cruz latina e unha única nave levantada en perpiaño de boa calidade na tipoloxía de opus quadratum.
De interior sombrío e humilde, o seu exterior revélase absolutamente nu e carente de calquera caste de decoración ou artificio arquitectónico que obstaculice a limpa concepción do monumento.
Como é norma, os únicos exercicios de retórica arquitectónica concéntranse na fachada a través de dous piares angulares de fuste liso e capitel temperado onde só os aleiros e cimacios destacan en volume sobre o lenzo mural.
O elemento máis destacable da fachada é sen dúbida o campanario de planta cuadrangular e catro ocos que preside en altura o templo. Erguida con pilastras de fuste refundido que flanquean aos arcos de medio punto de contorno acaixonado e centro en falsas claves, a torre de campás amósase enmarcada na súa base superior e inferior por senllas cornixas voadas elegantemente molduradas que son mostra do mellor oficio canteiro e proxectista. Remata a torre unha cupuliña sobre un pequeno ciborio pentagonal complementado exteriormente con pináculos angulares de escasa altura e volume.

Ao pé da igrexa consérvanse a Casa Reitoral, que acolle os restos do que foi o priorado medieval de Celanova. Segundo a apreciación de Cid Rumbao aínda conserva a súa planta monacal.
Á beira do adro sitúase a Casa da Obra, un pequeno edificio de planta cuadrangular e terrea construído en perpiaño (opus quadratum), que aparece moi agredido esteticamente polas tumbas de mármore que se adhiren ao seu paramento.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.allariz.com/recursos/catalogo_patrimonio_2.pdf (P.152-153-154)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.1791873116
Lonxitude: -7.84467816353
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84