Outra fotografía:

Tipo de ben: Castelo,
Concello: Porto do Son
Parroquia: Nebra (Santa María)
Lugar: Orseño- Pedreisoas
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

Segundo conta José Barreiro Barral no libro “Historia de Porto do Son y su distrito”, 1989) próxima á aldea de Orseño houbo unha torre medieval que se chamou “A Torre”. Estaba levantada na marxe esquerda do río Quintáns, nun outeiro moi escarpado pola parte do río. Descoñecemos se esta torre ou fortaleza tería algunha relación co Pazo de Nebra, ou se pertencería á mitra de Santiago, ao tempo de ser abatida probablemente polos Irmandiños o ano 1467, se ben nas relacións de fortalezas abatida naquela ocasión non consta esta de Nebra, como tampouco constan outras que coñecemos e non constan porque aquelas notas escritas por Boan, Vasco da Ponte e outros son incompletas.

Daquela obra castrense aínda vimos restos interesantes que quizais hoxe xa non existan. Naquel sitio montouse unha nova casa de labranza que tamén se chamou “A Torre”, e está próxima ao cruceiro de Tores.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.portodoson.info/PXOM_PDSON/PXOM_PORTODOSON.htm (pax 296 do pdf) ficha x_33
Barreiro Barral, José. Historia de Porto do Son y su Distrito. 1989. Ed. Diputación Provincial da Coruña. ISBN: 84-86040-33-7
Web http://nebra.es.tl/Santa-Mar%EDa-de-Nebra.htm


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Hoxe en día só se pode apreciar o outeiro no que se situaba.


Onde está localizado

Latitude: 42.7309373261
Lonxitude: -8.97191405296
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84