Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Pontevedra
Parroquia: Mourente (Santa María)
Lugar: Bouza
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro con plataforma de tres chanzos dos que dous están parcialmente soterrados no asfaltado. Baseamento cúbico con arestas superiores rebaixadas. Varal oitavado, non sendo na súa base que é de sección cadrada. Capitel con unha ringleira de follas baixo as volutas angulares con caveira e querubíns entre elas. A caveira está situada no lugar correcto, baixo o Cristo. Ten unha cruz nudosa cun cristo no anverso en unha Virxe das Dores no reverso.

Curiosamente, Carlos Valle describe a cruz como lisa nunha catalogación do ano 1976 polo que puidera ser que a actual no fora a orixinal.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

De acordo con Carlos Valle, alumeábaselo tódolos días cun farol e había costume de levar aos meniños que tardaban en aprender a andar para levar a cabo unha cerimonia. Mentres se daba voltas en torno ao cruceiro se recitaba:

“almiñas a tocar, rapaciños a andar”.

Tamén dis que cando un neno caía enfermo, os curandeiros propuñan queimar a roupa vella na cruce, recoller as cinzas e poñelas nunha tella ao pé do cruceiro.
Carlos Valle tamén recolleu o testemuño dunha parella que volvendo dunha noite de baile miraron un besta semellante a un can, pero sen cabeza dando voltas en torno ao cruceiro.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Valle Pérez, José Carlos “Los Cruceros en la parroquia de Mourente (Pontevedra)”. Revista Gallaecia. Publicación del Departamento de Prehistoria y Arqueología. Facultad de Geografía e Historia. Universidad de Santiago de Compostela, 1976. Páx. 207-209.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.4379898511
Lonxitude: -8.60960930586
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84