Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Vilanova de Arousa
Parroquia: Baión (San Xoán)
Lugar: Baión
Outra denominación do ben: Casa de Fontán ou Torre de Fontán
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Século XX,
Descrición:

As primeiras referencias bibliográficas do Pazo Baión datan do Século XV, época na que pertencía ós señores de Soutomaior e que se coñecía como Casa e Torre de Fontán. Tralo paso de varias familias poderosas como os Figueroa ou os Sarmiento, no século XVIII pasou a ser propiedade dos Condes de Priegue. En mans desta familia estivo ata finais do século XIX. Por darlle acobillo ó derradeiro Rei de Portugal, Manuel II, a propiedade cambiaría posteriormente de donos.
A principios dó século XX, un acaudalado emigrante galego retornado da Arxentina mercou a propiedade e levou a cabo nela a maior reforma do antigo Pazo. Na década dos 30 do século XX, reforma en gran medida a estructura arquitectónica, dándolle a forma que ten actualmente coas torres de corte victoriano e facendo desaparecer a sobriedade pacega que o caracterizaba.
Naquela época as terras do Pazo destinábanse o cultivo de cereal e ó pasto do gando, aínda que xa se producía certa cantidade de viño que era comercializado polo seus propietarios.
Os últimos herdeiros venderon a propiedade nos anos 70 a unha sociedade empresarial que, ademáis de instalar no Pazo Baión unha das máis modernas industrias leiteras da Galiza, realizou a primeira plantación técnica de Albariño de Rías Baixas. Este viñedo converteuse entón nunha referenza para os profesionais do sector.
Finalmente, e tras pasar por diferentes propietarios, o 16 de xullo de 2008, Pazo Baión foi adquirida por Adega Condes de Albarei, grazas o cal esta xoia do noso patrimonio artístico e cultural revive a súa época máis dorada.
O pazo estructúrase en dúas zonas, unha central de planta rectangular disposta a dous niveis, que serve para comunica-las torres dos laterais, con cuberta de tella a varias augas. Presenta dous fermosos escudos na fachada principal e outros dous na súa parte sur de semellante factura. Neles amósanos as familias antes citadas ademáis doutros como os Caamaño, os Lobeira, etc. A fachada principal do corpo central mide un 16 metros de longo. A torre sur, cuadrangular, é máis pequena ca norte tendo unhas medidas duns 5´50 m. de lado por 11 x 8 metros que ten a norte, claramente rectangular.
En conxunto, a propiedade posúe 30 ha. de superficie tendo un dos viñedos máis espectaculares do panorama vitícola mundial, con 22 ha da variedade Albariño e unha idade media das cepas superior ós 40 anos. Ademais do pazo, nela ubícanse outras edificacións como a Vaquería, a Adega Vella, un pombal e un hórreo.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: AgrícolaEquipamentoInfraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.pazobaion.com/pazobaion/web/informacion/historia.aspx
http://194.30.13.80/pazobaion/documentos_web/documentos/SaberMasHistoria.pdf
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/VILANOVADEAROUSA/documents/1020CA015.PDF


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.5637272488
Lonxitude: -8.72222989798
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84