Outra fotografía:

Tipo de ben: Escudo / Epígrafe,
Concello: Esgos / Paderne de Allariz
Parroquia: San Xes (San Xes) - Vilar de Ordelles (Santa María)
Lugar: Cruz de Rego
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruz que pola súa proximidade á liña que delimita os concellos de Esgos e Paderne de Allariz, podería ser de termo, pero pola súa configuración ben podería ser para cristianizar unha zona con varias representacións de petróglifos, coincidindo coa antiga localización dunha cruz ou cruceiro situado sobre unha pedra próxima con varias gravuras.

Trátase dunha cruz de tipoloxía cristiá, á que se lle engadiron varias gravuras decorativas.
Formada por dous sucos de distinta lonxitude, tendo o vertical uns 16 cm. de longo e o horizontal uns 10 cm., cruzados a 90º entre si. Na base ten tres sucos horizontais semellando os chanzos da grada dun cruceiro. Ten dous sucos verticais a dereita e esquerda da cruz.

Sitúase nunha peneda a beira do camiño na zona coñecida como a Cruz do Rego


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:

Mantense na memoria dos maiores a idea de que na zona parece que en tempos aconteceu unha morte tráxica. En conmemoración fíxose esta cruz mais unha especie de cruceiro na peneda do outro lado do camiño, na que queda o rebaixe cadrado onde estaba dita cruz.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.307304
Lonxitude: -7.728398
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84