Outra fotografía:
Tipo de ben: Fonte,
Concello: A Coruña (comarca) / Carral
Parroquia: Cañás (Santa Baia)
Lugar: Cañás
Outra denominación do ben: Fonte do Picho
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
A fonte está no Concello de Carral, no lugar de Cañás. Accédese dende a estrada comarcal CP-2103, coincidente co Camiño de Santiago, entre os lugares de Belvís e Cañás. Na actualidade, a fonte atópase abandonada e cuberta de maleza, dificilmente visíbel, existindo un manancial que nace do talude do terreo e discorre pola corredoira baixando cara preto do río da Brexa.
Da súa construción non se pode saber se mantén a estrutura orixinal (se é que existía); porén, a forma do terreo xunto ó manancial e algunhas das pedras que se atopan baixo a canle de auga indican que quizais poidesen constituír parte dunha fonte.
Polo que respecta ó nome, o autor Lois Vilar Hermidas indica que tamén é coñocida coma a “Fonte do Picho” (sendo “picho” unha verba que fai referencia a un cano ou tubo por onde mana a fonte), e trata o asunto no seu libro “San Xiao de Sergude, (2002)”. No cal indica que nesta fonte curábase a “tiriza”, doenza moi abundante que atacaba sobre todo ós nenos, que se caracteriza pola cor amarelenta da pel e unha desgana para xantar.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
As referencias á fonte mantéñense a día de hoxe. Segundo contan no próximo bar-estanco Casa Adolfo, viña moita xente a coller auga, xa que se consideraba medicinal e tiña propiedades curativas, chegando a vir incluso xente dende Pontedeume. Dícese que a auga procede directamente do inferno.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
BIBLIOGRAFÍA
VILAR HERMIDAS, Lois: “Sintomatoloxía e curación de enfermidades tradicionais nas Mariñas coruñesas”. Anuario Brigantino, boletín nº30 (2007), nº31 (2008). http://anuariobrigantino.betanzos.net/Ab2007PDF/2007%20479_490.pdf
VILAR HERMIDAS, Lois: “San Xiao de Sergude”. Concellaría de Cultura, Concello de Carral. 2002
ENLACES WEB
http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2003/09/19/2003723.shtml
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Na actualidade atópase en estado de abandono, sendo a fonte un manancial que sae directamente do talude; pero tampouco se puido precisar a existencia dunha fonte construída, o cal é o máis probábel xa que foi famosa polas súas augas sandables.
Onde está localizado
Latitude: 43.2391456501Lonxitude: -8.3342564106
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
pablo fernández ans says:
Xuñ 28, 2016
Xuñ 28, 2016
Responder
Presentouse recentemente, durante o período de exposición pública do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Carral, as alegacións correspondentes para incluir no catálogo do patrimonio a Fonte Menciñal de Cañas, que na actualidade non se atopa recollida.
Os documentos do PXOM pódense acadar na páxina web do Concello de Carral: http://www.carral.es/pxom-carral/.