Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Baños de Molgas
Parroquia: Betán (San Martiño)
Lugar: As Besadas
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:

Petróglifo inédito que se localiza en pequena peneda semiesférica de 2,5 x 2 m., na zona das Besadas.
Na parte máis alta ten unha coviña duns 6 cm. de diámetro rodeada por un círculo, dende esta cazoleta sae unha canle que baixa polo lado sueste atravesando no seu descenso polo menos outras dúas de semellante tamaño. Esta canle está feita cun suco duns 60 cm. de longo e entre 3 e 4 cm. de ancho, tendo unha fondura de 1,5 cm.
Salientar que todo o conxunto está moi desgastado, ademais a peneda está chea de musgo e broza, sendo complicado distinguir toda a posible gravura.
Aparentemente parece que pode ter algunha coviña máis, así como tamén parece algún anaco de canle. Sería conveniente unha limpeza para saír de dúbidas.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.246588
Lonxitude: -7.732993
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84