Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Porto do Son
Parroquia: Noal (San Vicente)
Lugar: Porto do Son
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Igrexa construída entre os anos 1775 a 1790 sobre outro templo de época románica, e feita a base de perpiaño granítico na fachada principal e nos extremos, e cachotería revocada no resto. Posúe planta de cruz latina e cuberta a tres augas.
Na fachada principal podemos ver unha porta de acceso con arco de medio punto sobre semicolumnas que conforma o pórtico de entrada, lixeiramente atrasado, e unha fornela coa imaxe do patrón. Máis arriba unha xanela con derrame interno enriba da porta e dúas pilastras nas extremas da fachada con remate en pináculo.
O conxunto remata nunha torre campanario situado no vértice da fachada, sobre unha peaña cadrada de dous corpos (o primeiro con dúas campas) que remata cunha pequena cúpula con pináculo no cume.

O interior da igrexa componse dunha nave principal e dúas transversais de diferente ancho.
A nave principal remata nunha bóveda de canón na parte superior, ao igual que as naves laterais.
No lateral esquerdo do presbiterio vemos a sancristía.
Aos pés da nave principal sitúase o coro, ao que se accede por unha escaleira de caracol disposta no muro, e que tamén conduce ao campanario.
Aos pés da nave central sitúase o coro, ao que se accede por medio dunha escaleira de caracol.
No exterior unha porta permite acceder a outra escaleira de caracol que facilita a chegada ao campanario.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: RI.000011289
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

No interior podemos ver varias labras heráldicas dos Patiño, os Caamaño e os Lamas.
Destaca tamén unha imaxe de San Vicente no altar maior, obra de Xosé Ferreiro.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/PORTODOSON/documents/28002ca001.PDF (Ficha A_011 – Páxina 10)
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/
http://www.xenealoxiasdobarbanza.es/san-vicente-de-noal.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.727288386
Lonxitude: -8.99625241756
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84