Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida, Igrexa,
Concello: Teo
Parroquia: Calo (San Xoán)
Lugar: Rúa de Francos
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro de tipo “De Cruz” con plataforma cuadrangular de dous chanzos e pedestal cúbico achafranado. No chafrán do pedestal ten unha inscrición que pon “LO HIZO …”. O varal é octogonal comezando en cadrado e cos paramentos recadrados. O capitel é cuadrangular moldurado; está suxeito por uns ferros debido a que está roto. A súa cruz é circular, leñosa con nós. No anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos, mans pechadas e pé dereito sobre o esquerdo. Fáltalle o brazo esquerdo. Cabeza ergueita lixeiramente ladeada cara á dereita cunha coroa de espiñas e un pergamiño coas siglas INRI. O seu pano de pureza vai suxeito cunha corda. Polo reverso da cruz fica a Virxe en actitude de orar coas mans en cruz sobre o peito sobre unha peaña de dous anxos con ás. O cruceiro é todo de granito cun estado malo de conservación. O brazo esquerdo do Cristo está esnaquizado.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-MARTÍN RUIZ, L.: “Cruceiros na provincia da Coruña”. Volume IV. Deputación Provincial da Coruña,1999.

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/TEO/documents/27387CA404.pdf (páx.4).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8142291727
Lonxitude: -8.62064123154
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84