Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Crecente
Parroquia: O Freixo (San Roque)
Lugar:
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

Edificación do século XIV de estilo románico tardío en transición ao gótico. Foi restaurada no ano 1763 e presenta un engadido do ano 1916.
Está feita a base de perpiaño granítico, de planta rectangular cunha soa nave e sen presbiterio.
Na fachada principal destaca a zona porticada a dúas augas. A porta de acceso ten arco apuntado. Sobre a porta un ocelo. O conxunto remata nunha espadana.
A capela posúe dúas inscricións:
* a primeira a podemos ver nun dos muros exteriores. A lenda reza así: “ESTA CAPILLA MANDO REEDIFICAR JOAN PER : / BAILLºN . N . DE CRESTE/ ANO 1619”
* A segunda lenda aparece no muro da fachada principal. A lenda reza o seguinte: “PRDIBTOA / AND1887”
No interior da capela gárdase unha imaxe románica da Virxe do Camiño, policromada e forrada en prata.
Conta a tradición que esta imaxe apareceu no ano 1487 sobre unha viga de madeira que se atopa na parte superior do presbiterio.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: RI.000031367
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

A fundación deste santuario relátase coa seguinte lenda “camiñaba o cabaleiro Mendoza” (século X) cando alcanzándoo o demo exclamou: “vállame Deus, San Juan, as tres misas de Nadal e a Virxe do Camiño”, e lanzou unha pedra ao aire que sinalou a localización da ermida da Virxe do Camiño”.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CRECENTE/documents/0774CA001.PDF (Páxinas 10 e 11)
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/
http://www.crecente.es/gl/ermita-de-la-virgen-del-camino.htm
http://www.crecente.es/gl/historia-aspectos-historicos.htm
http://www.galiciamaxica.eu/Sitios/PONTEVEDRA/crecente/virxecamino.html
http://www.oocities.org/xufp/virxedocaminho1.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.1719602658
Lonxitude: -8.20622980696
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84