Outra fotografía:

Tipo de ben: Alpendres e edificios auxiliares, Paisaxe histórica/cultural,
Concello: Abadín
Parroquia: A Graña de Vilarente (Sta. Mª Madanela)
Lugar: As Outeiras - A Pumarega
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

O que aquí podemos ver son os restos dunha das tres instalacións construídas no zona polos soldados do exército alemán no ano 1940 para a radionavegación.
A día de hoxe neste lugar so se conserva un bloque cúbico feito de formigón separado da terra por un illante cerámico de esteatita. Na parte superior vemos o soporte metálico da antena.
Ao carón existe unha pequena caseta feita en chapa onde estaba a unidade de sintonía e o transformador.

Todo o conxunto estaba protexido por un cerre feito en tixolo, do que apenas queda en pé unha parte.

Estas instalacións estaban compostas por tres radiofaros separados entre si en liña recta por uns 2.823 metros, distancia calculada de acordo á lonxitude de onda de emisión.
As torres metálicas tiñan sección tronco-piramidal, de aproximadamente un metro de lado. Cada unha delas tiña unha altura de 102,5 metros e se sostiña con axuda de seis ventos.
No cume da antena existía un sombreiro capacitivo octogonal duns 11 metros de diámetro e 31 de perímetro.

A antena Norte de Arneiro caeu na noite do 4 ao 5 de marzo de 2006 por mor do vento. Pouco a pouco os barrotes foron expoliados.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.lasegundaguerra.com/viewtopic.php?t=12593
http://www.ea1ddo.es/consol.html
http://www.u-historia.com/uhistoria/historia/turismo/arneiro/arneiro.htm
http://www.asociacionbuxa.com/2009/04/torres-de-arneiro/
http://www.turismoenxebre.com/2009/02/antena-nazi-de-cospeito-torre-de-los.html
https://es.wikipedia.org/wiki/Torres_de_Arneiro
Cuarto_Milenio-antenas_de_Hitler-nazis-Galicia-Iker_Jimenez-Cuatro_0_1757175189.html

BIBLIOGRAFÍA
ROLLAND, Eduardo. “Galicia en Guerra”. Editorial Xerais. 2206.

http://www.crtvg.es/cultural/especiais/galicia-documental-a-araneira



Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.2735794758
Lonxitude: -7.48374662352
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84