
Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Ourense
Parroquia: Seixalbo (San Breixo)
Lugar: Seixalbo - Praza
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
O Cruceiro plateresco de Seixalbo posúe un baseamento de cantaría de tres chanzos, renovados non hai moito tempo. Sobre este aséntase o pedestal cuadrangular decorado con perfiles curvos na súa parte superior, e cunha inscrición na que se pode ler “Restaurouse en 1896”. Deste pedestal sae un varal de sección cadrada na base, con outra inscrición na que se le o ano de construción “1760”. Despois o varal tórnase cilíndrico e acanalado verticalmente, con coroa de espiñas na base, no centro e na cima. Enriba, un capitel moi decorado con catro anxos. Na cruz sitúase a figura de Cristo no anverso e Virxe da Piedade no reverso, con imaxes posiblemente dos evanxelistas en medallóns nos extremos e base.
Catro pivotes cadrados de granito fincados, protexen o cruceiro dos coches que circulan o seo carón, nesta praza maior de Seixalbo.
Este cruceiro é moi semellante ao que se ergue no adro da Igrexa da Trindade de Ourense, polo que podería ser posible que fora feito polo mesmo canteiro.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
IMAXES NA REDE:
http://www.panoramio.com/photo/18214236
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.30491985868434Lonxitude: -7.856512069702148
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




