Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Baños de Molgas
Parroquia: Betán (San Martiño)
Lugar: Monte Cubreiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:

Conxunto de penedas a non moita distancia unhas doutras, sobre as que podemos ver varios motivos gravados nas súas superficies.

Peneda-1 – Sobre unha laxe á altura do terreo, localizamos un círculo duns 10 cm de diámetro con unha coviña no interior, polo lado de nacente, sitúanse tres coviñas, debuxando un semicírculo cuxo centro non coincide co centro do círculo.

Peneda-2 – Noutra laxe que sobresae apenas uns 30 cm do terreo, localizamos un grupo de 7 coviñas, situadas na parte alta da peneda e organizadas de tal xeito que semellan a representación da Osa Menor.

Peneda-3 – Próxima ás anteriores, localizamos unha laxe de uns 8×5 m aproximadamente, que na súa superficie ten varias pías naturais, varias delas están retocadas con canles de saída e dúas de elas parecen ter un desgaste que puidera ser froito de ser utilizadas como muíños naviculares.

Polas proximidades destas penedas, atópase algunha máis, tamén con gravuras que nos parecen máis recentes, algunha delas non fomos quen de interpretar.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.258677
Lonxitude: -7.700032
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84