Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Sada
Parroquia: Soñeiro (San Xián)
Lugar: Adro da Igrexa de San Xián de Soñeiro.
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma cuadrangular de dous chanzos e pedestal cuadrangular. Ten un varal cuadrangular con chafráns e na súa base cos paramentos recadrados. Ten un capitel cilíndrico con astrágalo circular e liso. Ábaco de lados rectos e ademais ten volutas e follas de bordes lobulados. A súa cruz é cuadrangular cos brazos achafranados, remates florenzados e botón central. No anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos, mans abertas e pé dereito sobre o esquerdo. O brazo dereito está roto. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas. O seu pano de pureza vai anoado á dereita. Polo reverso da cruz fica a Piedade co cristo no seus brazos. O cruceiro é todo de granito cun estado regular a malo de conservación.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– MARTÍN RUIZ, L.: “Cruceiros na provincia da Coruña”. Volume III. Deputación Provincial da Coruña, 1999.

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/SADA/documents/28089ca002.PDF (Páx.8).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.328287627923
Lonxitude: -8.2904296950753
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84