Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Baños de Molgas
Parroquia: Presqueira (San Martiño)
Lugar: A Ciradella
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

Xacemento de grandes dimensións que ocupa a totalidade dun achairado esporón sobre o regato de Bouzas, o que lle outorga unha ampla panorámica do seu contorno.
A súa croa está perfectamente definida por un valado/socalco indicador, posiblemente, dunha muralla anterior, mentres que entre o Norleste e Surleste, e a cota inferior, unha terraza completa o lugar de ocupación. Esta é maior cara o Leste, podendo continuar polo perímetro Sur, pero a alteración provocada pola estrada non permite confirmar. O seu sistema defensivo, a nivel xeral, está constituído por fortes terrapléns naturais, sobre todo cara o Norte, sendo o Suroeste a zona de máis doado acceso. Porén, neste sector non atopamos sistema defensivo algún, soamente os restos de un muro, polo que tivo que ser alterado tempo atrás.
Aparecen restos cerámicos en superficie, en algún penedo atópanse rebaixes posiblemente para encaixe de algunha estrutura.

Este castro salvouse de milagre no século XX, pois xusto por el pasou o ferrocarril na súa liña Zamora-A Coruña, pero debido a altura do outeiro, optaron por construír un túnel baixo del.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA32007010
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.concellodemolgas.es/gfx/Blog/files/PXOM/11_CATALOGO/CATALOGO%20POR%20PARROQUIAS/RIBEIRA-VIDE.pdf (P.13-14)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.222436
Lonxitude: -7.666044
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84