Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Carballo
Parroquia: Artes (San Xurxo)
Lugar: Cemiterio de Artes
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma cuadrangular de catro chanzos e pedestal cuadrangular con remates en chafrán. O varal é octogonal comezando en cadrado. Ten un capitel cilíndrico con astrágalo circular e liso. Ábaco de lados curvos e vértices achafranados. Ademais ten volutas, follas de bordes lobulados e querubíns. A súa cruz é cuadrangular cos brazos en chafrán. No anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos, pé dereito sobre o esquerdo e sinalando co índice de ámba-las mans. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas e un pergamiño coas siglas INRI. O seu pano de pureza vai suxeito cunha corda. Polo reverso da cruz fica a Virxe en actitude de orar coas mans en cruz sobre o peito enriba dunha peaña. O cruceiro é todo de granito cun bo estado de conservación.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– MARTÍN RUIZ, L.: “Cruceiros na provincia da Coruña”. Volume I. Deputación Provincial da Coruña, 1999.

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CARBALLO/documents/27981ca006.PDF (Páx.53).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.193262349576
Lonxitude: -8.6562100052834
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84