Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Carballo
Parroquia: Artes (San Xurxo)
Lugar: Artes
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Edificio de planta única cunha sancristía apegada ó muro norte do presbiterio. Ten cuberta a dúas augas con cubrición de tella curva do país. No interior posúe unha bóveda de medio punto, sostida por arcos faixóns que van delimitando os diferentes tramos da nave. Un arco triunfal sostido sobre pilastras, dá paso ó presbiterio.
A fachada de traza pentagonal e no eixo vertical central, de abaixo arriba conta cunha porta rectangular adovelada. Sobre o ingreso unha xanela rectangular que, ó igual ca porta, ten os marcos moi remarcados. Nos estremos inscríbense, de modo clásico e acentuado a simetría nunha orde xigante, cadansúas pilastras que, tras unha liña de perpiaños, dan paso a unha cornixa flanqueada por pináculos piramidais. E esa cornixa que rompe o vértice da fachada, unha base para unha espadana de dous corpos de recente construción, misturando a pedra da fachada co formigón da espadana. O primeiro corpo formado por dous ocos rectagulares, serven pra aloxa-las dúas campás. O segundo corpo, un frontón triangular, franqueado por dous pináculos piramidais, e rematado por unha cruz de forxa.
Como noutras igrexas do rural galego, aparece o cemiterio dentro do recinto do adro, formando un conxunto onde conviven a parroquia dos mortos e a parroquia dos vivos.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– SORALUCE BLOND, J.R.; FERNÁNDEZ FERNÄNDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Cabana, Carballo, Coristanco, Laracha, Laxe, Malpica e Ponteceso”. Volume V. Deputación Provincial da Coruña, 1998.

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CARBALLO/documents/27981ca006.PDF (Páx.15).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.193256483189
Lonxitude: -8.6565586924553
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84