Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Ponte Caldelas
Parroquia: Tourón (Santa María)
Lugar: Vilarchán
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Calvario composto de dous cruceiros e situado nunha pequena explanada reformada.
O primeiro cruceiro nace sobre dous chanzos de sección cadrada. Unha base cúbica con moldura circular na parte superior da paso a un varal que comeza en sección cadrada e segue en sección octogonal. Na súa parte media aparece un relevo da Virxe. A continuación o capitel de sección cadrada con relevos que mostran figuras humanas que levan os símbolos da Paixón. A cruz, de sección cadrada e remates dos brazos en pequenos botóns, posúe a imaxe de Cristo crucificado.

O segundo cruceiro nace sobre dous chanzos parcialente soterrados e en mal estado. A súa base cúbica irregular soporta un varal que comeza en sección cadrada e continúa en sección octogonal. O capitel de sección cadrada posúe a imaxe dun anxo con ás nunha das caras; nas outras tres caras vemos un motivo xeométrico con forma de triángulo. O conxunto remata cunha cruz de de sección cadrada, arestas rebaixadas e remates modurados. Nela aparece a imaxe da Virxe coas mans entrelazadas.

No pasado este calvario posuía un terceiro cruceiro, hoxe desparecido.

A poucos metros deste calvario podemos ver a Cruz do Rial (http://patrimoniogalego.net/index.php/109984/2021/05/cruz-do-rial/).

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.

Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

REFERENCIA WEB
https://cruceirosdegalicia.xyz/360430819.html

BIBLIOGRAFÍA
SÁNCHEZ CORA, Teresa e MARTÍNEZ PLASENCIA, Mercedes. “Cruceiros, cruces e petos do concello de PonteCaldelas”. Edita: Concello de Ponte Caldelas. 1990.

ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.410018534187
Lonxitude: -8.5561992144905
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84