Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Vilalba
Parroquia: Corvelle (San Bartolomeu)
Lugar: Toxeiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Edificación construída na década dos 80 do século XIX en cantaría e cachotaría granítica aínda que presenta os muros revocados en blanco. Posúe planta de cruz latina e cuberta de xisto a dúas augas agás no presbiterio que é a catro augas. Nos laterais se atopan as sancristías.
A fachada principal presenta unha porta de aceso e unha xanela por riba dela, os dous con arcos escarzanos. A continuación un frontón partido no que podemos ver unha pequena inscrición moi erosionada que reza o seguinte:
“SE EDIFICO A EXPENS
SAS DEL PARROCO D. AN
GEL CABRERA (…) FE
LIGRESES Y DEVOTOS
(…)
AÑO DE 1886”.

O conxunto remata cunha torre campanario con cúpula semiesférica e pináculos de bola. No cume unha cruz metálica.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

O interior da igrexa alberga un retablo maior coas imaxes de San Bartolomeu, a Virxe e San Xosé co Neno (do século XVIII).
Existe outro retablo do século XVIII.
Outras imaxes da igrexa son unha Virxe (de estilo popular do século XV), unha Inmaculada e un San Roque (de estilo popular do século XVII), San Francisco (do século XVIII) e San Pablo e Santa Bárbara (de época barroca).

No exterior da igrexa existe varios elementos destacados como son pías bautismais, un sartego, varias laudas, e un cruceiro (http://patrimoniogalego.net/index.php/116327/2023/11/cruceiro-do-adro-da-igrexa-parroquial-de-san-bartolomeu-de-corvelle/).


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

REFERENCIAS WEB
https://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/GALICIA/documents/LUGPA007.PDF (páxina 6)

CORVELLE (SAN BARTOLOMEU)

REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS
VV.AA. (1975). Inventario artístico de Lugo y su provincia. Servicio nacional de información artística, arqueológica y etnológica. Ministerio de Educación y Ciencia


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.350831170564
Lonxitude: -7.56679618414
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84