Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Ribadavia
Parroquia: Ribadavia (San Domingos)
Lugar: Ribadavia
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

A igrexa de Santiago é unha manifestación do románico popular galego de transición ó gótico. Inicialmente estivo na marxe esquerda da poboación ribadaviense. É a primeira freguesía e chegou a ser colexiata e igrexa que existiu en Ribadavia, polo que ata a súa supresión titulábase “Matriz da Vila”, é dicir nai, pola súa antigüidade de tódalas demais, datando do século XII.
De planta rectangular cunha soa nave cuberta de teitume de madeira, a fachada está dividida en tres corpos e ten dous contrafortes. A portada contén un arco de medio punto con tres arquivoltas que se sosteñen por tres pares de columnas acodilladas e capiteis con motivos vexetais. Á dereita desta fachada está situada a torre de campás. No seu interior pódense contemplar, entre outros, unha imaxe de Santiago Sedente, de pedra, gótica, do século XIV, pertencente á escola do Mestre Mateo.
Do seu exterior destacan as portas e xanelas cunha soberbia decoración artística, así como os arcos e un rosetón de 24 ocos. Polo seu exterior, os lenzos laterais e a ábsida semicircular cuberto con bóveda de crucería que están en moi bo estado. A torre da igrexa de Santiago, que se levanta á dereita da porta principal, é un engadido posterior, quizais do século XVI, pois primitivamente, o mesmo que os seus similares de San Xoán e Santa María da Oliveira, debeu ter campanario.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

BIBLIOGRAFÍA
CHAMOSO LAMAS, Manuel, GONZÁLEZ, Victoriano e REGAL, Bernardo: “Galicia Romanica”. Ediciones Encuentro, 1980, pax. 530
CASTILLO LÓPEZ, Ángel del: «Inventario de la riqueza monumental y artística de Galicia». Barrié de la Maza, A Coruña 1987. (p. 499)
BERNÁRDEZ,Carlos L. e MARIÑO FERRO, Xosé Ramón: “Bestiario en Pedra”. Nigratea, 2004. (p. 239)

ENLACES WEB
http://www.recreatuviaje.com/ver.jsp?codigo=RTV|62


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.28834196149325
Lonxitude: -8.142167329788208
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84