Outra fotografía:
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: A Estrada
Parroquia: Guimarei
Lugar: Rial
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:
Tamaño: Eixe N-S: 136m, eixe E-O: 116m.
Defensas: Está circundado por unha muralla oculta na súa maior parte por terra e árboles. Formada por pedras soltas e pequenas, que aínda se poden ver nalgúns tramos.
A altura é de uns 10 metros, contorneado por un camiño profundo que puido ser o foso.
A parte SE, está ocupada por unha carballeira.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA36017023
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Contan que o castro era lugar de mouros, que escondían os tesouros baixo as casas que o conformaban, así como na fonte chamada de Chouso, preto do castro, hai unha viga de ouro e outra de alquitrán.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
“Castros de la comarca de La Estrada”, Bouza Brey, Fermin; “Novas imaxes de arqueoloxía castrexa estradense a través das coleccións Bouza Brey e Fraguas do Museo do Pobo Galego”, Rey Castiñeira, J. e Rodríguez Calviño, M., “Castros de La Estrada”, Arca Caldas, O.; “Estrada rural”, Reimondez Portela, Manuel
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.67808950481206Lonxitude: -8.476306200027466
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
Álex Bragaña says:
Xuñ 16, 2011
Un dos castros máis interesantes que rodean A Estrada, cunha muralla perimetral duns 400 metros perfectamente identificable. Curracho, temos que repetir estes paseos domingueiros, que son moi proveitosos…
Codeseda.com says:
Abr 20, 2016
Por se a alguén lle interesa, en Codeseda, a uns kilómetros deste castro, temos outros tres.
Nestas páxina andamos a recopilar algo de información sobre eles:
Castro das Quintas
http://www.codeseda.com/castro-quintas-codeseda-a-estrada-mouros-celtas/
Castro de Marcenlos
http://www.codeseda.com/o-castro-de-marcenlos-o-lado-do-rio-umia-a-estrada/
Castro de Trocastello
http://www.codeseda.com/castro-trocastello-a-estrada-ribela-mouros-eira/