Outra fotografía:

Tipo de ben: Fonte,
Concello: Ourense
Parroquia: Ourense (Santísima Trinidade)
Lugar: Ourense
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Esta famosa fonte termal, situada dentro do casco urbano de Ourense capital, (Warmsee para os suevos, que significa “lago quente”), ten tres estrados con fontes de diferentes períodos e estilos, polo tanto, de arquitectura diferente.
A de arriba é a máis antiga , de estilo popular e pertencente ó século XVII, de dous caños e estrutura sinxela con adorno en piña, nela hai dúas aras romanas. A do medio é a máis moderna e ten un gran estanque para o baño, inaugurouse o 28 de xullo de 2010, obra do arquitecto galego César Portela, con duas esculturas: “A casa da nube” e “Calpurnia Abana”.
A de abaixo é de estilo neoclásico, século XIX con dous canos laterais e unha pía labrada no centro con outro cano, que son os utilizados para recoller ou beber as súas augas, que pola súa composición son axeitadas para diferentes tipos de dermopatías.
Ademais tamén teñen unha elevada salinidade e son silicatadas, fluoradas, litínicas e hipertermais, as súas augas saen a unha temperatura das máis altas de todas as termais de Galicia (entre 64 e 68º C), emerxendo a través dunha falla Este-Oeste.

Ten unha inscrición en bronce na que se relata, como a dama romana Calpurnia cumpriu unha promesa que fixera as ninfas destas augas.
E outra ca composición das augas segundo a análise feita polos doutores Souto e Bermejo en 1990.
Tamén se atopa neste conxunto a réplica das catro aras romanas atopadas na cidade, a primeira delas en honor das Ninfas desas augas ofrendada por Calpurnia Abana Aeboso, que é o primeiro nome coñecido dun habitante da cidade de Ourense.
A orixe do nome das Burgas non está moi clara. Para algúns autores pode proceder de celta “beru” que quere dicir quente, pero a etimoloxía máis aceptada é a que provén do latín “burca” que quere dicir pía, en alusión ós baños utilizados polos romanos como balnearios.

Estes mananciais foron declarados Conxunto Histórico-Artístico no ano 1975.

Como dato curioso podemos comentar que antigamente usaban a fonte para escaldar os polos e quitarlle así as plumas de forma máis doada.

Xunto coa Catedral e a Ponte Romana, son un dos símbolos da capital ourensá, á que se lle deu en chamar “Cidade das Burgas”.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

Unha lenda di que estas augas nacen debaixo da capela do Santo Cristo, na Catedral, e outra di que son causadas por un volcán en repouso que está na base do Montealegre e que nalgún momento podería chegar a estoupar.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.turismoenxebre.com/2010/10/as-burgas-el-emblema-de-ourense.html

http://www.turismodeourense.com/es/que-ver/

http://www.youtube.com/watch?v=xa52p8MaUg4

Ourense (094)

Piscina Termal de As Burgas

As Burgas thermal pools

As Burgas, Ourense

As Burgas, Ourense

As Burgas, Ourense

Xardíns das Burgas, Ourense


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.33466024841704
Lonxitude: -7.865312397480011
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84