Outra fotografía:

Tipo de ben: Paisaxe histórica/cultural,
Concello: Vigo
Parroquia: Castrelos (Santa María)
Lugar: Parque de Castrelos
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Na fachada posterior do pazo de Castrelos sitúase este xardín, formando coa vivenda un conxunto único. Foi creado a finais do século XIX, probablemente pola prestixiosa empresa portuguesa de xardinería radicada en Porto, Jacinto Mattos, hoxe desaparecida. o xardín está composto por:

– O xardín francés: de gran beleza que, nas súas formas, lembra aos de Versalles, a unha escala reducida. Está formado por un labirinto de buxos, en cuxo centro hai unha fonte de delfíns de granito, se ben estes, na súa orixe, eran de chumbo.

– O xardín inglés é coñecido tamén como a pradeira do té. É un espazo moito máis sinxelo ca o francés. O seu deseño está asociado á corrente naturista, onde a flora parece medrar libremente sen unha orde predeterminada, a excepción das árbores. Esta é unha pradeira rectangular rodeada por dous camiños, con varios exemplares arbóreos, e no centro un pequeno estanque cunha reprodución a escala do propio pazo -influencia das miniaturas chinesas que tan de moda estiveron durante o século XVIII-. Na parte final do xardín, sobre un estanque, está unha estatua do século XVII, A fonte de Neptuno, situada antigamente na Porta do Sol.

– A Rosaleda é un pequeno paseo con rotondas e esculturas. Ao longo do camiño trázase unha serie de arcos polos que crecen os rosais. Ao final da vía atoparemos a imaxe dunha virxe.

– O xardín de acceso.

– A Solaina.

– O bosque

No corredor lateral, que separa o xardín da rosaleda, atópase o paseo dos escudos.

O xardín presenta unha ampla variedade de plantas ornamentais e exóticas, como poden ser a camelia do xardín francés, exóticos tulipeiros de Virxinia, magnolios, etc.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/VIGO/documents/26620ca104.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

No mes de maio de 2011 un fungo case estraga todo o xardín. Os expertos de la Estación Fitopatolóxica do Areeiro de Pontevedra (EFA) traballarón para intentar salvar todo o conxunto. Parece ser que o “coctel químico” xurdiu efecto.


Onde está localizado

Latitude: 42.212487528556
Lonxitude: -8.7279832363129
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84