Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Coristanco
Parroquia: San Martiño de Oca
Lugar: O Castro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

O castro de Oca sitúase a uns 155 metros de altura sobre o nivel do mar na freguesía de San Martiño de Oca no concello de Coristanco. Trátase dun asentamento que foi fortificado a través de dúas estructuras circulares concéntricas e que posúe uns 143 metros de diámetro cunhas 1,6 Ha. de superficie. O recinto principal duns 75 metros de diámetro de Leste a Oeste e uns 70 metros no eixe Norte-Sur comprende unha superficie duns 6.650 metros cadrados. Está defendido por un parapeto duns catro ou cinco metros cara ó exterior cunha suave pendente cara ó interior. O segundo recinto, concéntrico respecto do anterior, atópase defendido por outro parapeto que cara o exterior supera os 10 metros de altura e no interior unha suave pendente de 1,5 a 2 metros de altura. No cadrante Norte a Oeste outro parapeto que pode acadar máis de 10 metros cara ó exterior. Ten a súa entrada polo Leste e no interior presenta moita pedra miúda e paredes divisorias das parcelas de distintos propietarios feitas con toda probabilidade coa pedra das casas castrexas. O xacemento está moi alterado na súa entrada ata coller parte da croa por unha canteira que se fixo para a recollida de pedra para facela estrada comarcal no primeiro tercio do século XX, aparte da repoboación que ten, na súa maioría eucaliptos. Este pasado verán sufreu un incendio no seu interior ollando aínda as pegadas do lume. O castro pódese dicir que se atopa ben conservado tirando a regular.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA15029011
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.196854427779
Lonxitude: -8.7313628196716
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84