Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande, Vivenda singular,
Concello: Vigo / Vigo (comarca)
Parroquia: Vigo Centro
Lugar: Vigo - Rúa López Mora, 27
Outra denominación do ben: Chalé da rúa López Mora nº 27
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Proxectada en torno ao ano 1900 por Michel Pacewicz. O proxecto é de estilo ecléctico na composición e no manexo do repertorio historicista de tipo románico e gótico. Destaca a utilización de arcos próximos aos de ferradura coa rosca festoneada. Nunha das fachadas destaca a incorporación ao bloque central dun volume poligonal adiantado tipo bay-window de tradición inglesa. Na cuberta, de tradición francesa, destaca polas bufardas rematadas nun arco apuntado lanceolado decorado con cardias e pináculo de inspiración medieval.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/VIGO/documents/26620ca012.pdf (p. 8, ficha A_107)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

O inmoble atópase afogado polas edificacións próximas.


Onde está localizado

Latitude: 42.22637829481533
Lonxitude: -8.730326145887375
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84