Outra fotografía:
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Marín
Parroquia: Ardán (Santa María)
Lugar: Teixugueira
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro, Época Altomedieval,
Descrición:
O Castelo de Ardán está situado sobre un abrupto outeiro granítico que domina todo o entorno costeiro da Ría de Marín e sobre todo a súa entrada. Os restos nel atopados permiten supoñer a existencia dun castro da Idade do Ferro, cunha reocupación en época altomedieval.
A plataforma superior está situada sobre unha empinada mouta, e abrangue unha superficie moi escasa, duns 20 x 30 metros, rodeada por todos os seus lados por encostas pronunciadas, con desniveis de máis dun 40%. Complementando estas defensas naturais, a croa da mouta está parcialmente rodeada por unha “muralla” que aproveita os afloramentos graníticos naturais, encastrando entre eles grandes bloques ciclópeos.
Sobre esta plataforma son visibeis derrubos de cachote na superficie, que se extenden tamén pola ladeira oriental e septentrional.
Ao pé desta mouta, no lado oriental, o menos escarpado, hai unha plataforma aterrada rodeada por muros de certa entidade. Dende aquí parte un enorme foxo, rodeando o monte cara o Sur e cara o Oeste, reforzado nos seus lados por muros de cachote, e que chega a ter máis de cinco metros de profundidade, 10 de largura, e máis de 100 metros de longo. No extremo septentronal deste foxo,son apreciabeis ruínas de muros de incerta orixe (quizais relacionados cunha primeira liña de defensa). Dende aquí, o foxo empata cun antigo camiño empedrado que vai dar á estrada que comunica Ardán co lugar da Pastoriza.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA36026003
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Hai materiais procedentes do Castelo de Ardán depositados na Biblioteca Pública de Marín e no Museo de Pontevedra, entre os que destacan varias “pedras do raio” ou machados de pedra pulimentada, e unha curiosa fusaiola troncocónica que ten a peculiaridade de ter signos alfabéticos (ibéricos?) gravados (número de rexistro 8320, Museo de Pontevedra).
Tradición oral:
Os mouros fixeron un túnel que comunicaba o alto do Castelo coa praia de Lapamán.
En tempos, o cura de Ardán, xunto con dous veciños, quixeron ir polo tesouro dos mouros que se agachaba no Castelo. Subiron e atoparon o tesouro, que se apresuraron en cargar nun carro, pero cando baixaban de volta, foron sorprendidos polo Mouro, que os perseguía a cabalo. Botáron a correr monte abaixo, abandonando o tesouro, e cando se miraron atrapados, o cura trazou no chan, arredor de si e dos seus compañeiros un “círculo de Salomón”. O Mouro ficou fora do círculo, sen poder traspasalo, mentres o seu cabalo rinchaba e botaba lume polo narís. Atrapados deste modo, o cura tirou da súa estola e deulle un golpe con ela ao Mouro, que ante a ameaza tivo que arredarse, non sen antes deixar caír dentro do círculo, e a resultas do estolazo, tres moedas de ouro.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Aparte de remocións feitas por furtivos, a croa do monte está afectada pola antiga instalación dunha antena de radio militar.
Onde está localizado
Latitude: 42.33964072628171Lonxitude: -8.738937377929688
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
3 comentarios
Oscar Franco says:
Nov 18, 2014
Este xacemento aparece catalogado no PXOM de Marín:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MARIN/documents/22861ca015.PDF (Páxinas 2 e 3)
gato. says:
Abr 9, 2020
hola…eu son de aqui e jodeme tanto que teñen este pedazo da historia nosa ungha reliquiia de lugar e historia e que a teñan k da puta pena…vergonzoso…patrimonio dicen….todo o camiño enpedrao desde lapaman a rio a mitad de el…e despoies arriba unha pena ke o teñan asi a diputacion ou a ken lle toke…
porfavor recupeten todo iso…non sabemox o k temos..polos nosos fillos e netos k sepan o k ubo e k se coñeza e se mire..
MlTs says:
Ago 23, 2020
Es una pena el estado en qu se encuentra O Castelo y el camino de acceso.