Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Negueira de Muñiz
Parroquia: Ouviaño (Santiago)
Lugar: A Gamalleira
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

Situado nun outeiro de lousa a 305 metros de altitude sobre o nivel do mar, nunha pequena península no río Navia, entre as pontes de Boadil e a do Marbondo, xa no límite coa Fonsagrada. Aínda que a impenetrable matogueira non fai doado adiviñar a forma nin as dimensións, semella que o asentamento, situado na cima do outeiro, presenta unha forma tirando a ovoidal, cunhas medidas no eixo máis longo de 100 metros e de 50 metros no menor. A simple vista non se observan estruturas nin defensivas nin habitacionais. A forte pendente faino prácticamente inaccesible. Ao castro só se pode acceder polo SL que é por onde estaría a entrada, sitio que foi alterado pola construción dun edificio de cemento dunha empresa eléctrica, hoxe en día en desuso.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/castros-de-galiza-i.html
http://patrimoniodenegueira.blogspot.com.es/2013/06/limiar.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.08706243663266
Lonxitude: -6.933488845825195
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84