Outra fotografía:

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Marín
Parroquia: Piñeiro (Santomé)
Lugar: Chan de Armada
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Neolítico, Calcolítico,
Descrición:

As mámoas de Chan de Armada están situadas na portela que separa o Monte Gagán do de Cotorredondo, entre os lugares do Pereiro en Marín, e Sobreira en Vilaboa, xusto a carón do límite entre os dous concellos.

O primeiro dos túmulos está situado no cruce da estrada CF-401 de Cruz da Maceira a Castiñeiras, coa estrada de Cadrelo e Pereiro a Domaio, xusto a man dereita baixando cara Sobreira.

O túmulo ten uns 10 metros de diámetro, e conserva unha cámara funeraria de pranta poligonal, de dous metros de diámetro aproximadamente, composta de nove esteos de pedra, cun corredor orientado ao leste delimitado con outros tres chantos a cada lado, e cunha lonxitude aproximada de 2’5 metros. Non conserva a cuberta. Hai unha gran lousa a carón que foi utilizada hai anos para “reconstruílo”, aínda que se ignora se é a orixinal. Hoxe esta lousa está desprazada.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA36026007
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:

A mámoa foi escavada e estudada por Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza en 1957, e posteriormente por Antonio de la Peña e Antonio Rodríguez Casal en 1975. Nas escavacións, atopáronse catorce puntas de frecha , dúas láminas de sílex, dúas machadas, catro bólas de pedras e arxila, un percutor, e varios anacos de cerámica e ocre.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

SOBRINO LORENZO-RUZA, Ramón. “Prospecciones arqueológicas en Morrazo”. El Museo de Pontevedra. Pontevedra. 1956.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

A cámara foi reconstruída, e o entorno pechado cun valo de madeira, aínda que non hai sinalización de ningún tipo. A pequena explanada a carón é usada para amorear madeira cortada, co conseguinte paso de tratores e camións pesados.

O túmulo foi obxecto de ataques vandálicos por grafiteiros incívicos, que deixaron a súa sinatura pintada con aerosol no interior da anta.


Onde está localizado

Latitude: 42.34713052707448
Lonxitude: -8.688662052154541
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84