Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Deza (comarca) / Vila de Cruces
Parroquia: Merza (Santa María)
Lugar: A Moa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

O lugar arqueolóxico atópase no monte que ten ao seu pé a Capela de San Paio. Está a 280 metros de altitude e sobre un esporón da marxe dereita do río Deza que amosa fortísimas pendentes pola banda sur que caen ata o canle do río. Consta de dous recintos o máis grande e de forma case circular está pola banda norte, en zona de pendente, e acada uns 100 metros de diámetro, defendido pola súa banda norte por fortes terrapléns. A croa do sur duns 40 m. de norte a sur e 30 m. de leste a oeste, está delimitada con defensas, amosando grandes murallas de terra e cachote. A súa forma é cuadrangular e comparte parte dos parapetos co recinto do norte. Cara ao sur, téñense unha boas vistas das fervenza do Toxa, distantes a uns 600 metros.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA36059024
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

Segundo unha lenda na igrexa de San Paio, baixando unhas escaleiras, hai unha cova que vai dar á fervenza do Toxa. Alí hai un tesouro. Sacado de http://www.galiciaencantada.com/lenda.asp?cat=49&id=2437


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo//VILADECRUCES/documents/1002CA001.pdf
Está errado o nome no catálogo de Bens Arqueolóxicos de Vila de Cruces, vén na páxina 8 do pdf
como Monte de “San Caio” , debe dicir Monte de San Paio


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra:
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.762326679
Lonxitude: -8.26721191406
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84