Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: A Guarda / Baixo Miño (comarca)
Parroquia: A Guarda (Santa María)
Lugar: Monte de Santa Trega, Mirador do Pico de San Francisco
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma cuadrangular dun chanzo con voo e un pedestal cuadrangular rematado cun cuarto bocel. No pedestal ten unha inscrición que pon:”1689″. O varal é circular diminuído e estriado. Ten un capitel de tipo corintio, cuadrangular con astrágalo circular e o ábaco de lados curvos cos vértices rematados en chafrán. Está decorado con querubíns, flores, volutas e follas de acanto. A súa cruz é rectangular e presenta no seu anverso a Cristo Crucificado con tres cravos, as mans abertas e a perna dereita sobre a esquerda. Inclina a cabeza lixeiramente cara á dereita e o seu pano de pureza vai anoado á dereita tamén. Polo reverso da cruz fica San Francisco de Asís sobre unha peaña. O cruceiro ten unha conservación regular, ten moito lique e non lle viña mal unha limpeza. Está construído todo de granito e ademais, este cruceiro é un BIC declarado: Os cruceiros de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español; así o recoñece e garante a Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

BIBLIOGRAFÍA
– RODRÍGUEZ CASTELAO, A.: “As cruces de pedra na Galiza”. Editorial Galaxia, 1950.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 41.8888708907
Lonxitude: -8.87122917923
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84