Outra fotografía:

Tipo de ben: Mosteiro/Abadía/Cenobio/Priorado, Reitoral,
Concello: Caldas (comarca) / Cuntis
Parroquia: Estacas (San Fiz)
Lugar: O Casal
Outra denominación do ben: Pazo Abacial de San Fiz de Estacas
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A reitoral de San Fiz de Estacas é unha edificación feita a base de cadeirado granítico con planta en forma de C. Posúe dous andares cunha cuberta a dúas augas na que destaca unha monumental cheminea. No interior pódese ver unha escaleira de época barroca (1766) e dúas lareiras, unha delas podemos cunha inscrición coa data da súa factura: “1613”. Tamén destacan varios pasadizos ocultos que comunican o andar inferior -por medio dun corredor moi estreito- cun lúgubre espazo ao que os veciños adoitan chamar o “Inferniño” e que identifican cos antigos cárceres desta mansión.
Toda a propiedade está rodeada dun muro de boas proporcións que aínda conserva varías das súas ameas orixinais.

Dentro da finca da reitoral destacan o pombal de planta rectangular (situado ao carón da eira) e o hórreo (hoxe con 7 claros e máis de 17 metros de longo, aínda que no pasado posuíu o dobre da súa lonxitude).

En relación á súa cronoloxía, existe documentación do século XVI que fala deste pazo, aínda que é posible que xa existira desde a Idade Media.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.turismodecuntis.es/p_senorial.php?ver=7
http://www.turismodecuntis.es/p_etnografico.php#
http://turismoriasbaixas.com/web/portal-web/recursopan1?content=280380109
http://poligonodevite.blogspot.com.es/2014/10/o-horreo-de-estacas-en-cuntis.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.6423702888
Lonxitude: -8.60314518213
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84