Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Frades
Parroquia: Frades (San Martiño)
Lugar: Frades
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Arrodeada por unha carballeira. Forma conxunto cun campo de festas e un cruceiro.
A súa estrutura construtiva resúmese na presenza de muros de cachotería revestida de pintura branca cun zócolo azul e cuberta tradicional a dúas augas con armazón de madeira e tella. Os vans están enmarcados por pezas de cantería.
A planta e rectangular coa parte da cabeceira lixeiramente máis baixa, que no exterior produce un xogo graduado de volumes. A fachada presenta o esquema tan repetido nas igrexas do concello, que concentra os elementos principais nun mesmo eixo lonxitudinal central: a porta, unha fiestra, ámbalas dúas carentes de elementos decorativos, e a espadana, neste caso dun só van con campá e rematada en pináculos con bólas, os únicos ornamentos da construción.
Nela celébranse o San Miguel, festivo local do concello.
Nas inmediacións hai unha fonte con dous canos, restaurada no ano 2000 que foi cando lle colocaron a figura do arcanxo San Miguel cunha espada. Nela figura unha inscrición e a data da fonte orixinal: 1871.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.concellodefrades.es/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.0571555
Lonxitude: -8.2996272
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84