Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Condado (comarca) / Ponteareas
Parroquia: Cumiar (Santo Estevo)
Lugar: O Calvario
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Altomedieval,
Descrición:

Edificación de época románica (finais do século XII) con modificacións posteriores. Aparece xa citada en documentos do Rei de Galicia e León, Fernando II, co título de Santo Esteban de Cumiar.

A igrexa está feita a base de perpiaño granítico, cunha soa nave de planta rectangular e ábsida reconstruída de planta rectangular menor pero de mais altura ca nave. O conxunto posúe cuberta a dúas augas de tella curva na nave e a catro augas na ábsida, con pináculos nos esquinais.

Na fachada principal destaca a súa porta de aceso con arco de medio punto con arquivoltas apuntadas e de aresta viva sobre dous pares de columnas con capiteis decorados con motivos xeométricos e vexetais. Nesta portada existe unha inscrición (“E. M. CC. XXII) que data á igrexa no ano 1184, aínda que é probable que se trate dunha primeira fase pois moitos dos elementos parecen máis tardíos.
Máis arriba un pequeno ocelo e, de remate, unha espadana de dous ocos con pináculos nos laterais e cruz pétrea de remate.

No interior destaca o seu arco semicircular apoiado en pilastras circulares. No muro existe unha talla dun gran león moi esquemático coas catro patas dobradas cara adiante que, posiblemente, formara parte dunha escena esculpida.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: RI.000033057
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.pxomponteareas.org/p-o-x-m/ (Ficha AR 08.01.03)

http://www.turismoponteareas.gal/es/que-ver/igrexas-romanicas/

http://www.romanicodigital.com/detalle-Pdf.aspx?archivo=Cumiar&localidad=PONTEVEDRA

https://visor.gdrcondadoparadanta.gal/gl/punto/284-igrexa-parroquial-de-san-estevo-de-cumiar

http://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/4613/igrexa-parroquial-de-san-estevo-de-cumiar?langId=gl_ES

https://gl.wikipedia.org/wiki/Igrexa_de_Santo_Estevo_de_Cumiar


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.1901154447
Lonxitude: -8.45072597265
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84