Outra fotografía:

Tipo de ben: Mosteiro/Abadía/Cenobio/Priorado,
Concello: Toques
Parroquia: A Capela (Santa María)
Lugar: Souto
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Altomedieval,
Descrición:

A igrexa é o único resto do antigo mosteiro, o cal atópase en ruínas a carón da mesma. Foi fundado a mediados do século XI polo abade Tanoy. Na metade do século XVI pasou a depender como priorato do mosteiro de San Martiño Pinario en Santiago de Compostela ata o ano 1835.

Consta dunha soa nave, con ábsida rectangular, teito de madeira e con bóveda de canon. No interior destaca o arco triunfal, de medio punto e con capiteis tallados con figuras xeométricas e vexetais.

Pero o máis importante da igrexa é sen dúbida algunha o seu fermoso calvario, xa cun sentimento plástico que avanza o estilo máis naturalista de épocas vindeiras. Na actualidade atópase desmontado xa que se estaban facendo restauracións no mesmo.

Por último, no exterior, tamén chaman a atención os arquiños de medio punto na cornisa da ábsida.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Rutas Románicas en Galicia – Manuel Chamoso Lamas


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.978208332877045
Lonxitude: -7.98319548368454
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84