Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Noia / Noia (comarca)
Parroquia: Barro (Santa Cristina)
Lugar: O Cruceiro da Barquiña
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Cruceiro do ano 1792 que nace sobre catro chanzos de sección cadrada. A súa base cúbica de arestas achafranadas posúe varios relevos de caveiras e outros moi erosionados. Posúe tamén varias pezas metálicas dunha antiga restauración.
A continuación o varal, que comeza cunha sección cadrada e na que podemos ver relevos relacionados coa Paixón: escada, martelo, tenaces, e outros de difícil lectura pola súa erosión. O resto do varal é de sección octogonal.
O capitel é de tipo xónico, con volutas, follas de acanto e caras de querubíns nos catro lados.
O conxunto remata nunha cruz de sección cilíndrica con nos na que aparecen as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Virxe sobre peaña con forma de cara de anxo no reverso.
O cruceiro aparece protexido por unha cadea e catro pés metálicos.

O autor deste cruceiro foi Andrés Castaño Fernández “O Vello Santeiro de Chave”.

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: RI.000009407
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.noia.es/pxom/DOCUMENTO_COMPLETO/MEMORIAS/TOMO_V_CATALOGO%20PATRIMONIO.pdf (Ficha 2.28 – Páxina 72)
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/
http://cruceirosdegalicia.xyz/Cruceiros/Web/150570203.html

BIBLIOGRAFÍA
MARTÍN RUÍZ, Luis.”Cruceiros na provincia da Coruña”. DIPUTACION PROVINCIAL A CORUÑA. 1999
FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA NÚÑEZ, Estanislao. (1998). Esmoleiros e petos de ánimas da provincia da Coruña. Ed: IR INDO.
FERNÁNDEZ MARIÑO, Nepomucena. (2020). MAIS DE 800 CRUCEIROS, FERVENZAS, MIRADORES E OUTRAS VISTAS DO BARBANZA (NOIA). (en liña: https://cruceirosdegalicia.xyz/NFMNoia.html)

ENLACES DE REFERENCIAS LEGAIS
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8013343804
Lonxitude: -8.89916718006
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84