Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Carral
Parroquia: Sergude (San Xián)
Lugar:
Outra denominación do ben: San Xulián de Sergude
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A Igrexa sitúase aillada ó final do camino de acceso marcado polo cruceiro xunto ó desvío, nun terreo descende en lene pendente costa abaixo cara a un dos afluentes do Río da Brexa.
A igrexa consta dunha soa nave construída en pedra granítica vista coas xuntas encintadas, presenta na súa fachada principal una porta de acceso con dintel plano, sen decoración, sobre o que se sitúa unha pequena xanela que permite a entrada de luz ó interior; ós laterais, dous pináculos graníticos rematados en bola decoran o conxunto.
Sobre a cuberta una espadana de dous corpos, o primeiro formado por dous arcos de medio punto que aloxan as campás, que descansan sobre piares moldurados. No segundo corpo disponse un sinxelo frontón triangular curvilíneo cun pequeno óculo central, rematado por una cruz de pedra, flanqueado por dous pináculos piramidais.
Compleméntase o templo co camposanto anexo, pechado nun único conxunto relixioso como é tan habitual nas parroquias rurais.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: RI.000003299
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

No seu interior atópanse as imaxes de San Xiao, San Antonio, a Virxe do Carmo e da Purísima Concepción.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

GALICIA, volume 27. Francisco Rodríguez Iglesias, Ma del Mar Pérez Negreira. Hercules de Ediciones, S.A., 1995 – 43 pages.

https://books.google.es/books?id=Uf0WAQAAMAAJ&dq=Igrexa+de+%22San+Xuli%C3%A1n+de+Sergude%22&focus=searchwithinvolume&q=+Sergude


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.246679774697
Lonxitude: -8.3389180898666
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84