Outra fotografía:

Tipo de ben: Vivenda singular,
Concello: Vigo
Parroquia: Vigo
Lugar: Rúa Urzaiz nº 28
Outra denominación do ben: Edificio de Camilo e Benigno Fernández
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Camilo e Benigno Fernández, destacados consignatarios en Vigo, encargaron a Jenaro de la Fuente a construcción deste suntuoso edificio en 1913, seguindo o exemplo doutras notables familias burguesas da cidade na promoción de grandes edificios monumentais e ostentosos, para o cal non repararon en gastos.

Jenaro de la Fuente baseouse no proxecto que dous anos antes desenvolvera no edificio Pardo Labarta, situado na Porta do Sol da mesma cidade: Un edificio composto de baixo, tres andares e bufardas con cubertas moi inclinadas seguindo a moda das mansardas parisinas, e coa fachada organizada por unha galería central en pedra e aberta. Aquí, este esquema se amplía en consonancia co maior tamaño do edificio, pechando a galería central e construíndo outras dúas, abertas, nos laterais.

Pero o chamativo do edificio é a grandiosa ornamentación, inspirada na maior parte no peculiar estilo ecléctico-historicista de Jenaro de la Fuente, inspirado na tradición constructiva do barroco galego. Do edificio Labarta copia o esquema básico da ornamentación, colocando diferentes arcos en cada andar, e cun mesmo motivo decorativo, aínda que na construcción definitiva abandonouse a primeira idea do proxecto, das cubertas en mansarda. Tamén repite algúns elementos decorativos coma os pequenos frontóns circulares dos remates das galerías, ou os pináculos con decoración de placas, pero introduce elementos novedosos e contemporáneos inspirados no art noveau, e do que o elemento máis representativo é o grande arco elíptico do portal, que acolle a porta de entrada, así coma o caprichoso xogo de liñas dos vans, con alternancia de arcos rampantes e carpaneis, e a ornamentación das carpinterías e dos ferros dos balcóns.

Neste edificio morou e traballou o poeta galego Celso Emilio Ferreiro, entre 1957 e 1966. Unha placa conmemorativa na fachada lembra este feito.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.23502744243879
Lonxitude: -8.718536496162415
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84