Outra fotografía:

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Meis
Parroquia: Armenteira, A (Santa María)
Lugar: Estrada de Armenteira
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:

Mámoa soterrada sen elementos visíbeis que pasa desapercibida a pesar de estar ao carón da estrada que baixa dende o campo de golf do Castrove á rotonda que leva o mosteiro de Armenteira. Ao outro lado da estrada atópase outra mámoa coñecida como “A Casiña da Moura”.

Na Mámoa da Fonte do Lagarto (II) apréciase un cono de violación, aínda que o conxunto enteiro está cuberto por restos vexetais, produto dunha tala recente dos eucaliptos que crecían enriba da estrutura.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA36028015
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

● P.X.O.M. 23/05/2003 Concello de Meis. Fichas dos elementos de Patrimonio Arqueolóxico.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/MEIS/documents/0823CA006.pdf
● Boletín Oficial de Pontevedra, Nº 156 — Jueves 14 agosto 2003, pág. 56.
http://www.bop.depontevedra.es/bop.PONTEVEDRA/2003/bop.PONTEVEDRA.20030814.156.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Atopase nun terreo de explotación forestal recentemente talado aínda que estará pendente de repoboación e consecuente roturación con maquinas do terreo.


Onde está localizado

Latitude: 42.453022090900475
Lonxitude: -8.729056119918823
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84