Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Corcubión
Parroquia: Corcubión (San Marcos)
Lugar: Corcubión
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Esta capela foi fundada por Domingo Durán no ano 1684. Consta dunha soa nave alongada cunha capela maior de igual anchura ca nave e sen arco do triunfo no acceso ó presbiterio. A cuberta está formada por unha teitume de madeira e un tellado a dúas augas. Debido a un incendio e posterior ruína reconstruíuse en 1997, e foi de novo aberta ó culto o venres tres de outubro do mesmo ano, grazas ós donativos dos fregueses, ó concello e a unha axuda da Deputación da Coruña.

A iluminación desta capela, de reducidas dimensións, realízase mediante os vans rectangulares a ámbolos dous lados da porta principal do templo. O presbiterio recibe luz directa do exterior mediante dúas troneiras situadas nos muros norte e sur. No muro sur e baixo o van encóntrase un pequeno oco escavado no muro cun arco semicircular que servía para gardar os ornamentos litúrxicos.

A fachada segue un esquema pentagonal dividido en dous corpos separados por unha moldura en resalte. No corpo baixo destaca unha porta alintelada, de luz rectangular que non sobresae do plano da fachada e a ámbolos lados as dúas fiestras rectangulares, que posúen coma única decoración os perpiaños que as enmarcan. No corpo superior aparece un pequeno van rectangular que ilumina a única nave do templo. O remate realízase mediante unha pequena espadana cun arco de medio punto sobre piares que acolle unha campá de pequenas dimensións. Remátase cun acroterio que serve de base a unha cruz. Toda a edificación está percorrida por unha cornixa, sen canzorros.

Esta pequena capela está elevada sobre un podio, de aí que para acceder a ela sexa necesario subir seis chanzos.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

BIBLIOGRAFÍA:
SORALUCE BLOND, J.R.; FERNANDEZ FERNANDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra e Muxía”. Vol. IV, Deputación Provincial da Coruña, 1997.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.94737225795913
Lonxitude: -9.194027781486511
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84