Outra fotografía:

Tipo de ben: Fonte,
Concello: Pereiro de Aguiar
Parroquia: San Martiño de Moreiras (San Martiño)
Lugar: Santa Baia
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

A Fonte de Santa Baia data do século XX. Está formada por un muro a modo de frontón de granito no que está o cano de saída da auga, decorada con pedra triangular rematada en bola. Posúe ferros para colocar recipiente para recoller a auga. A que non é recollida cae directamente no primeiro vaso, cando este enche, a sobrante pasa o segundo tanque, que é un abrevadeiro para o gando, e deste pasa ao depósito máis grande, o lavadoiro.
Este lavadoiro ten unhas medidas aproximadas de 5 x 3 metros. Dous dos seus laterais están acondicionados con pedras inclinadas para refregar. Por un destes lados, o máis corto de 3 metros, ten unha estrutura para protexer das inclemencias do tempo. Formada por gran armazón de formigón que suxeita unha pequena cuberta con tella curva a catro augas, rematada con pináculos con bolas no seu cumio.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/PEREIRODEAGUIAR/documents/0478CA008.pdf (p. 7)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.31612770220578
Lonxitude: -7.76884943246841
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84