Outra fotografía:

Tipo de ben: Vivenda singular,
Concello: Ourense
Parroquia: Ourense
Lugar: Praza Maior – Ourense
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Edificio de tres alturas máis baixo, construído en estilo ecléctico-modernista en 1909 por Daniel Vázquez-Gulías, que proxecta o edificio para casa vivenda do comerciante Fermín García, na Praza da Constitución, hoxe Praza Maior, na que suscita solucións de gran novidade en fachada, e incluso estruturais, ocupando un antigo solar dun colexio do que Gulías conservou a capela.
A planta baixa, na que o comerciante tiña o seu negocio, (actualmente e o centro cultural da Fundación Novacaixagalicia), destaca exteriormente polos seus soportais, amparados por catro columnas. As laterais son cadradas, mentres que as centrais son cilíndricas, entre elas ten tres arcos en forma de omega, sendo o central de maior luz.
A fachada en liñas ascendentes que remata en pináculos, os arcos rebaixados, os miradores acristalados, que se alternan con balcóns de pedra e fundición, son as características máis rechamantes de este edificio.
Vazquez-Gulias tamén quixo deixar nel a súa sinal, con pequenos detalles feitos a conciencia, pola notoriedade do seu propietario. Así podemos ver as iniciais do dono no centro do corredor principal, e a representación do Caduceo de Mercurio, pola súa faceta de comerciante.
Tamén deixou o seu selo na decoración, sendo esta con motivos de fonda tradición mitolóxica clásica, o que nos fala da súa formación humanística ecléctica, utilizando o elemento construtivo tradicional de Galiza, a pedra, e acompañando con bonitas escaiolas e azulexos.
Fermín García Villalón era un rico comerciante de tecidos, ademais de masón e librepensador, tamén foi conselleiro da cidade.
A chamada “Casa de Fermín García”, na que tiveron consulta os Dainow-Dicker, familia de dentistas de orixe ruso-xudeo, é un dos máis singulares e belos edificios da praza e do Ourense da época.
Varios autores sosteñen que se poden ver rastros masónicos no edificio xa que ó examinar os soportais da praza pódense ver cómo a fachada está sustentada sobre as dúas columnas cilíndricas,de feito é a única que ten as columnas redondas pois as demáis son rectangulares. Dicir que na simboloxía masónica este tipo de columnas representan as columnas do templo de Salomón.
Polo que se conta, neste edificio estivo establecida a Falanxe ourensá despois da Guerra Civil, e máis tarde, nos anos 50 a Sección Femenina daba cursos de cociña ou similares. Foron os anos do “contubernio xudeo-masónico-marxista-internacional” que se inventou a propaganda franquista.

Información: diariodeunmedicodeguardia.blogspot , ourensenotempo.blogspot


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.laregion.es/noticia/275346/edificio/donde/espectacular/
http://arquitecturamodernista.blogspot.com.es/2013/01/ourense-antiguo.html

http://diariodeunmedicodeguardia.blogspot.com.es/2013/12/buscando-los-dentistas-dainow-dicker.html

http://diariodeunmedicodeguardia.blogspot.com.es/2013/04/el-poeta-xavier-boveda-y-los-dentistas.html

http://ourensenotempo.blogspot.com.es/2011/10/liga-de-amigos-de-orense-2012.html

http://ourensenotempo.blogspot.com.es/2009/10/las-escuelas-de-hogar-195.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.3357567012
Lonxitude: -7.86421269178
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84