Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Baiona
Parroquia: Santa Cristina da Ramallosa (Santa Cristina)
Lugar: A Ponte Nova
Outra denominación do ben: Cruceiro Novo
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro que nace sobre dous chanzos circulares de pedra coas arestas rebaixadas. O seu pedestal moldurado da paso a un varal cilíndrico. A continuación aparece a cruz de tipo latina na que podemos ver unha representación algo tosca de Cristo crucificado.

Este cruceiro, que se atopa no Camiño Real (antiga calzada romana), foi adquirido en 1835 pola sabariseña Antonia Gonzalez Lopez durante a desamortización de Mendizábal (1835-1843). A propietaria reconstrúe o cruceiro dentro da súa finca colindante. Nesta finca existiu unha casa típica galega de pedra labrada e con patín, de finais do século XVIII, e desaparecida hai poucos anos pola vorágine urbanística de principios do século XXI.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:

Antigamente no día de Santa Cruz (18 de Maio) os veciños do lugar se xuntaban no cruceiro, o decoraban con flores e se rezaba a seguinte oración para espantar a Santa Compaña e os males:
“Has de saber, alma mía, que tu Dios, murió por ti y tu por el morirás y al Valle de Josafat irás y el camino al enemigo te encontrarás y le dirás: Apártate de mí Satanás, porque es día de la Santa Cruz, dije mil veces JESÚS”.

Conta tamén a tradición que o cruceiro foi feito por un canteiro chamado Loureiro; cando se fixo o acto de entrega parece ser que lle dixeron:
“Loureiro, que Cristo fixeches”.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACE WEB
https://cruceirosdegalicia.xyz/360030601.html

BIBLIOGRAFÍA
SOLIÑO TRONCOSO, Antonio e PÉREZ GONZÁLEZ, María Xosé (2020). Arquitectura de intermediación. Cruceiros e pétos de ánimas. Caderno de Etnografía. Ed: Instituto de Estudos Miñoráns -IEM-.
FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA FRAGA, Salvador. (2004). Cruceros de Val Miñor y Sta. María de Oia. Ed: Diputación Provincial de Pontevedra.
FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA FRAGA, Salvador. (1995). HISTORIA DA COMARCA DO VAL MIÑOR (Baiona – Nigrán e Gondomar). Ed: AGCE (ASOCIACIÓN GALEGA PARA A CULTURA E A ECOLOXÍA).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Dende fai uns anos o cruceiro atópase circundado por unha estrutura metálica, seguramente para “protexelo”.


Onde está localizado

Latitude: 42.1095548162
Lonxitude: -8.82904722175
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84