Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Pontecesures
Parroquia: Pontecesures (San Xulián)
Lugar: San Xulián
Outra denominación do ben: Cruceiro da Obra pía de San Lázaro e Cruceiro de San Luís
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

Cruceiro de tipo “De Crucifixo con plataforma cuadrangular de dous chanzos e pedestal cuadrangular con gran chafrán. O varal ten un arranque cuadrangular e recadrado con desenvolvemento octogonal. Ten distintas figuras como a de San Lázaro sobre unha peaña, unha persoa en actitude orante (posiblemente un enfermo), e os elementos da paixón; escada, coroa de espiñas, unha man, un martillo e tenazas, ademais hai unha espada e unha vieira. Ten un capitel troncopiramidal invertido moi ornamentado con catro anxos, un por cada lado e volutas esquemáticas. A súa cruz é cuadrangular cos brazos achafranados presentando no seu anverso a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans abertas. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas e un pergamiño coas siglas INRI. O seu pano de pureza vai anoado cunha corda. Polo reverso da cruz fica a Virxe da piedade co Cristo en brazos. O cruceiro é todo de granito cun estado bo de conservación a pesares de faltarlle un anaquiño no brazo dereito da cruz pola parte do reverso.
Este cruceiro do século XIV, formaba parte do conxunto da leprosería ou Malatería dos lacerados de San Xulián. A peza foi realizada baixo a advocación de San Lázaro. A principios de abril do ano 2008, este cruceiro é trasladado a ubicación actual polo risco que conlevaba ó estar o carón da N-550 e puidera ser destruído por algún accidente de algún vehículo. A Comisión Territorial do Patrimonio Histórico autorizaría o seu traslado no mes de xaneiro ó novo emprazamento deste monumento que é a entrada do cemiterio de San Xulián, moi perto da capela románica do século XII. Parece ser que pasou por varios emprazamentos ata que, coincidindo co Ano Santo de 1964 colocárono a beira da citada estrada nacional. Agora polo menos está a salvo de accidentes e máis perto do seu lugar orixinal.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/PONTECESURES/documents/0871CA003.PDF
http://www.pontecesures.net/2008/04/03/trasladan-el-cruceiro-de-san-lazaro-desde-el-arcen-de-la-n-550-a-la-calle-del-pilar/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.724981089
Lonxitude: -8.6505317688
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84